Namentres agardo

Author: rochi  |  Category: Poesia  |  Comentarios desactivados en Namentres agardo  |  Add Comment

Buscando a felicidade nun anaco de papel,

Pensei en cambiar algo a forma de expresar.

Que se falo de amor,

pareza que estou
namorada

Para que non se note que vote en falla…

 

Que as bágoas que percorren

Esta face pálida semellen

pérolas de intensidade completa.

 

Os quérote que non chegas a escoitar

Non sexan distantes.

 

Apértame sen medo,

Para que non teña que votarte en falta

Bícame seguido

Que os teus beizos non cansan.

 

Mírame cando calo

Que falando estreso bastante

Fálame,

Para que as dúbidas

Disipen  as pantasmas
que invaden.

Poema Inacabado II

Author: rochi  |  Category: Sen categorizar  |  Comentarios desactivados en Poema Inacabado II  |  Add Comment

Tan sinxelo como escoitar algo…

e que che apeteza escribir …

rachando o silenzo impagado…

Esperto

E pinto mentalmente

as curvas da tua situeta

Maxinando que derretes

píntiguas de suor

Que reflicten os restos da paixón

Dos nosos corpos espidos, nús

Restregados, buscando o refuxo

Frio e calmado…ese inferno que desexas

Ese ceo que temo…

 

A Sachadora.

Author: rochi  |  Category: Poesia  |  Comentarios desactivados en A Sachadora.  |  Add Comment
Minten! os versos que din
Que a soedade é unha pendente estrepitosa
Que percorren a alma afogada
Sin fe, sin esperanza desvalida.

 

Minten! Cando din que o corazón
Canso, retírase
De marcar horas perpetuas
De penitencia extrema.

 

Minten! As letras que maldin
O amor e as suas lerias,
Por que treman ao pensarte
E adoecen por estar a tua beira.

 

E co tempo
Empezas a entender…
Que os bicos non son contratos
Que os agasallos non son promesas
E a distancia non é obstáculo.

 

Aceptas a derrota
Coa cabeza máis alta
Os ollos máis abertos
Que o amor non é comodo
Non é sexo, nin seguridade.

 

Laberintos de literatura
Para chegar ao cumio do espíritu.
Berros rasgadores
Que non chegan aos tímpanos sordos.
Alquimistas, poetas, artistas…despistados.

 

Prudencia condenada
Non deixa sair o que dicta a alma.
Pastores, rabaños
Coléricos, críticos non refinados.

 

Víctima inocente
Da violencia do amor
 
Atravesada
pola daga
da sachadora.

Unha daga máis.

Author: rochi  |  Category: Poesia  |  Comentarios desactivados en Unha daga máis.  |  Add Comment
No percorrer deste tempo,
Nun serán coma este,
Invoquei a túa dor, e…
Sentín a túa voz de preto.
 
Os teus ollos caeron,
Asemellaba que escoitaras chegar a morte.
 
Eu, que abrira a túa ferida,
Tamén mordín nela
E sentíchelo, Sentíchelo de cerca.
 
Exprimín máis,
Traidora.
Esquirola.
 
Exprimín docemente
O teu corazón, pequeno mortal.
 
Coa daga dourada e exquisita
De outro mal, cicais
probaches o pranto ti,
sinxelo animal.
 
E a miña boca
De sede humán pura,
Maldita,
Insaciabel,
De ti bebía.


Tensión

Author: rochi  |  Category: Sen categorizar  |  Comment (1)  |  Add Comment
Oprimido o peito, non podo respirar...
Onde outros agardan hachala luz
Eu atopo a escuridade infinita.

Noutrora a musa reflectia
Noutrora cegaba,
Agora máis volátil
Cal espora...

Na escuridade da noite,
O gris da lua reloce
Pechando os ollos humedecidos.
Comenza a caida...

A agonía, entumece os osos
As bágoas percorren o corpo
A dor calceta ao corazón xélido.

Nas sombras da noite
O medo achégase
Confunde as formas
Cos desexos.

O silbido calado,
O marmurio intenso,
A ansiedade de quen espera...
Oprime tanto o peito ! 
.

Espiñas que se craban na espalda
Erguendo os cabelos
Fan tremer...e non deixan
Indiferente ao tempo...

Caio, caio...

 

A Fada

Author: rochi  |  Category: Sen categorizar  |  Comentarios desactivados en A Fada  |  Add Comment

Silenzo, ninguén fala.

Author: rochi  |  Category: Sen categorizar  |  Comentarios desactivados en Silenzo, ninguén fala.  |  Add Comment
Escribo, para roubarlle tempo a soedade
para atopar un sorriso furtivo,
Entretéñome.

Calo, si que estrano,
Calo por medo a indiferncia.

Tento borrar o teu recordo
O teu olor
Ese cheiro a frescura rancia
Maquelada en teorias astrales.

Tristura tatuada nos ollos
Que sorrin

Para o disimulo do que observa.

Engulo recordos
Bebo morriña
Escupo sangue.

Os bicos que saben a culpa

Author: rochi  |  Category: Poesia  |  Comentarios desactivados en Os bicos que saben a culpa  |  Add Comment
Mellor é a esperanza;
pois produce paciencia, arma forte contra a decepción acelerada

Os bicos ás veces  saben a culpa.

Collo as ás do tempo

Para marcar un rumbo

Que non sei onde vai.

 

Con discilina

Indiferencia e impertinencia

Aborrezo o meu orgullo

Que me ergue

para logo facerme esnafrar.

 

Silenzos dunha noite

Berros afogados na alma

Noutrora éxtase total.

 

Desafortunadas palabras

En busca dunha estrela.

 

Mitigo a ferida

Da boca insensata

Que quixo aplacar o medo

Escupindo sandeces de máis.

 

Soños incesantes

Ás veces pesadelos

Vivirán na lembranza

E  a ilusión rirá.

Váste

Author: rochi  |  Category: Poesia  |  Comentarios desactivados en Váste  |  Add Comment
Ainda sinto as tuas mans
Queimando a miña pel…
Meu corpo, espido
Á noite e a ti.
Tomaches del
o que ti quixeches
Non houbo impedementos.
Cravaches as fouce en min
Comiches
A miña devilidade
supcionaches
o meu sangue
Arañaches
A miña alma
E agora ti queres marchar.
Atopamonos na rua
E somos dous estranos
mira
Eiqui está o meu corazón,
Xa non podes paralo
Habelo pensado
Cando me falaches de votar a voar
Agora non te escondas
Non prendas o cigarro
E a min a quen estas a queimar.
Non me torzas a mirada
Non fagas que non me queres mirar
Miraches me demáis
E agora quereste marchar.
Eu ainda sinto
Sinto os teus ollos
O teu sorriso e esa cara de sorpresa
Non podes escapar
Deixarme asi baleira
Escorega-los sentimentos e
Aumentalos medos
Non ves que as pantasmas
do pasado volataran?.
Deixasme
Perdida nas tebras
Das que ti me quixeras sacar.
Tes que loitar !
Arrinca eses medos
Pon a coraza do cabaleiro
Que tantas veces me fixo vibrar.
Colle a tua espada
Rompe o silenzo
Atravesemos o universo
O mundo estanos a esperar.
Garda ese látigo,
A min non me pertence.
Foron doutros tempos
Nos que ti viviches mal,
Non mos fagas pagar.
Penseite… diferente
Loitador ,
arrogante
Seguro , valente
un cabeleiro de
verdade
Asi que agora non podes marchar.
Lembra aqueles
tempos
No que a ledicia
Non era unha estrela fugaz.
Lembra aquelas luas cheas
Polas tantas mensaxes viches brilar.
E agora queres escapar
Marcarchesme cos recordos
Tatuaches a miña pel
De sentimentos
Non o deixes pasar
Non me ignores
Son de carne
Non esa rocha da escoitasches falar.
E agora quereste marchar
Tirasme a un lado
Son menos que o lixo
Que nas ruas recollen
Nas noites que me viron chorar.
Estigma? Sinal?.
Eu, que entendin
A tua mentira e a tua verdade
Para que non te foras xamais.
E agora ti queres marchar
e… fuchetes xa.
Andrómedas,
Andromedas diversas
Dun tempo
Irreal
Do que ti non quixeches ser
Por un dixeronme
Ou por un que será.Enbaina pois a tu espada
Aqui non a vas a precisar máis.

Días de luto

Author: rochi  |  Category: Poesia  |  Comentarios desactivados en Días de luto  |  Add Comment
Son os dias de luto
se non estás…
_
Estendes as ás
Ao escuro vento de noite
Para voar libre
E eu, egoistamente quérote
Quérote engaiolar.
 
Sen medo divagas e disipaste
Polas fragas de palabras máxicas.
 
Escribes na miña pel,
Desexo entón mutilarche as ás
Rasgarche a pel
Beber do teu sangue
E arrincache os ollos
Para que non miren a niguén.
 
E escorregar asi
As miñas bagoas negras
Que amargamente me lixan a cara
Cando te penso e non estás.